CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 39: Delirios de grandeza

04/12/2005 22:00 h

María regresa de Santiago feita unha "señoritinga" con moitos fumes, pola influencia da súa amiga Pili, mesmo avergóñase da súa familia á que compara coa das súas compañeiras moito máis "finas". Marisiña tamén quere ser "fina" para elo María recoméndalle subilos baixos das saias, tomar cócteles, fumar e falar castelán.

Laura e Marcos descubren que Román está a deixalos sen o patrimonio que lles pertence, pero aínda non saben o destino dos cartos. Álvaro vixía moi de preto a Lupe para conseguila metade dos cartos que ésta pretende sacarlle a Román.

Román, cegado polo amor, consegue os cartos dos veciños, excepto de Manuel a quen non conseguira enganar, para llos entregar a Lupe.

Telmo e Deli seguen sen atreverse a declararse os seus sentimentos. Telmo ponlle unha desculpa a Freire para non asistir á voda.

Atopar capítulo por: