CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 38: O parente americano

27/11/2005 22:00 h

Chega de Arxentina, Emilio, un curmán do vello Cabanas, despois de trinta anos de ausencia facéndolles crer que fixera fortuna. Non tarda en descubrirse que está arruinado.

Lévase a cabo a pedida de Deli, pero a xove semella non estar moi feliz, non pode apartar do seu pensamento a Telmo. Laura está cada vez peor dos nervios debido ó comportamento de Román quen prentende venderlle as terras para lle dalos cartos a Lupe. Ésta fixéralle crer que ten que saldar unha importante débeda de xogo do seu difunto marido ou perderá a súa casa de Coruña.

Laura descubre a seu marido e consegue que Freire non lle merque as fincas. Esto pode significar a perda de Lupe, polo que Román pensa en sacarlle cartos os veciños coa excusa do pago polo alumeado público.

Atopar capítulo por: