CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 37: A confirmación

19/11/2005 22:00 h

O bispo visitará Santalla para dar a confirmación. don Venancio apremia ós veciños para que lle fagan un agasallo. Marisiña pensa nunha muda; Elvira pensa que un año é o mellor regalo para o bispo... Finalmente don Venancio decide mercarlle un anel coas limosnas que aportarán tódolos veciños.

Don Román e Freire dispútanse quen será o padriño dos rapaces na confirmación, polo que cada un polo seu lado merca un anel para facer méritos ante o párroco.

Laura cada vez máis desquiciada por Román, padece ataques de nervios. Telmo tenta evitala, xa non sente o mesmo por ela.

Na casa dos Cabanas andan moi preocupados por María polo que aconteceu en Santiago con Marcos e Lois.

Ante as discusión de Román e Freire, don Venancio elixe a Telmo padriño dos rapaces e Deli faise ilusións de ser a madriña. Mentres desaparecen misteriosamente os aneis da sacristía, Freire e Román desconfían do párroco...

Atopar capítulo por: