Libro de familia
Capítulo 36: Palabra de casamento
Na casa dos Cabanas, Manuel ilusiónase coa posibilidade de ter un coche. A avaría da bicicleta e o elevado prezo que lle pretende cobrar Elías, fan decidirse a don Venancio a mercar un, cos cartos da herdanza da súa tía.
Pero a súa impericia ó volante, provoca un encontronazo cunha árbore, que será decisivo para que o crego, aconsellado maliciosamente por Elías, decida vendelo automóbil, circunstancia que aproveita Cosme para facerse con él para seu fillo.
Freire e Deli fixan a data da voda, ésta semella non estar moi ilusionada, confésalle a súa irmá sentirse atraída por Telmo. Telmo, a súa vez, rexeita a Laura, porque tamén sente algo por Deli.
As cousas non poden estar máis tensas na casa dos Lamela. Despois da detención de Marcos en Santiago, don Román delata a Lois por difundir libros prohibidos. Lois é detido e o asunto pode salpicar a María Cabanas. Laura descubre a Lupe na casa dos seus sogros o que provoca unha violenta discusión entrambalas dúas mulleres.