Fontealba
Capítulo 36
14/11/2016 15:45 h
Amalia recibe a noticia de que todos os bens ao seu nome posiblemente sexan embargados, entón demándalle a Luís compensarlle ata o último céntimo. Luís non sabe como facerlle fronte a semellantes perdas. O noivado entre Carlos e Elsa remata definitivamente: el non quere seguir adiante coa relación. Aurora soubo do encargo que Asun lle fixo a Gonzalo; pensa entrometerse e acabar dunha vez por todas coa presenza de Gonzalo no laboratorio de Hortodouro. Roberto está preocupado polo estado de saúde de Aurora, xa que non sabe a que se poden deber eses mareos.