Libro de familia
Capítulo 34: O Lute en Santalla
A posible presencia en Santalla de "El Lute", perigoso delincuente, coñecido polas súas continuas fugas, produce gran desacougo na vila. Á vez, desparecen misteriosamente, alimentos na tenda dos Cabanas e Freire agocha algúen no almacén. A Garda Civil irrompe no bar para avisar que anden con coidado.
Laura regresa á súa casa onde a recibe Lupe, quen se desfai en atencións cara ela. Laura convéncea para que non marche e quede xunto a ela. Lupe, quéixase a Román de que semella unha mantida para que éste lle dea os cartos. Román acaba cedendo e non só lle ofrece o diñeiro, senón unha casa e a mercería.
Toña sorprende a don Román e Lupe en situación comprometida e avisa a dona Laura que ve a situación por sí mesma. Laura reacciona botando a Lupe da casa, e Román insístelle en que o que víu non é o que parece.
Todos quedan moi tranquilos co misterio do almacén de Freire resolto, pois non se trataba de "O Lute", senón de Martiño, pero a sorpresa é maior cando Martiño descubre, que o seu compañeiro de viaxe en realidade era o famoso delincuente.