Fontealba
Capítulo 34
10/11/2016 16:00 h
Amalia queda preocupada polos métodos que propón Rosendo para recuperar o seu patrimonio. Por outra banda Luís segue a presionar a Xaquín para atopar unha forma de pagarlles aos xogadores e vese obrigado a rexeitar a Nina cando esta lle pide axuda. Os Douro entremétense na relación de Asun con Gonzalo, para alivio deste. Tras un conxunto de malos entendidos e celos, a relación entre Carlos e Elsa sofrerá un cambio... radical.