CRTVG

Buscar

Ben falado

Capítulo 339 de Ben Falado: O liño e o tear

07/10/2010

Cando a xente xoga ás cartas ás veces hai máis xogo no que din que nas cartas. Na parte oriental de Ourense cando alguén sae dicindo “espadas” hai alguén que lle di: “espadarás e collerás liño”. E dinllo porque “espadar” é face-la primeira maza do liño. No resto de Galicia a isto chámaselle “espadelar”.Os vellos tamén dicían “este meniño ten os ollos coma a flor do liño”, porque a flor do liño é azul.

Elixio Rivas

Atopar capítulo por: