Libro de familia
Capítulo 33: Loor de santidade
Marisiña está empeñada en lucilo escapulario da Confraría das Damas do Apostolado da Oración, pero Elvira, a maior beata da vila, non a considera digna de tal mérito. Para elo debe demostrar ser "virtuosa", "abnegada" e a mellor cristiá coma ela. Marisiña tómao tan en serio que mesmo pensa en non verse con Elías, para ser unha dama de conducta intachable.
En ausencia de Adela, Deli deixa de acodir á casa de Freire, para acalar faladurías á vez que esperta nela certo interés cara Telmo.
Álvaro escoita unha conversa telefónica de Lupe, onde revela súas pretensións de desplumar a don Román a quen di desprezar. Álvaro tenta chantaxeala, ela prántalle cara, pero terá que repartir para non seren descuberta.
Toña regresa inesperadamente. Telmo sorprende a Román con Lupe, nun descampado, en actitude máis ca agarimosa e ameázao con llo contar todo a Laura senón fai que regrese inmediatamente da clínica.