CRTVG

Buscar

Ben falado

Capítulo 328 de Ben Falado: A entoación das preguntas

22/09/2010

Na nosa maneira de facer as preguntas cara abaixo e sobre todo de cantalas é onde primeiro se ve que somos galegos. Outra característica é que moitas empezan por “e”: “¿E que lle hei de facer?”. Pero os nosos avós empezábanas por “el”: “¿El aínda hai aí xente?”, “¿El é certo?”, “Se teu pai non o ten e túa nai non cho dá ¿el de onde che vén o lalalala?”.

Atopar capítulo por: