CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 32: América, América

16/10/2005 22:00 h

Cando Elvira consegue botar da súa casa a Lupe, ésta coas súas artimañas fai que Laura, inxenuamente, a invite a quedar na súa. Non contenta con isto, Lupe, dalle a idea a Román de que ingrese a Laura nun hospital, coa excusa de estar máis tempo xuntos, ela mesma encargarase de convencela.

Ramiro anuncia a súa marcha a América de xira cos Satélites. Adela sente nostalxia de Venezuela e seu pai proporciónalle unha pasaxe para marchar con Ramiro. Deli anuncia que vai casar con Freire.

María e súa amiga Pili, atópanse en Santiago con Marcos, quen esperta o interese de Pili. María preséntalle a Marcos a un compañeiro seu, Lois, xove estudiante de ideas liberais.

Atopar capítulo por: