CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 32

16/11/2015 22:00 h

César Pardo segue sen aparecer. A investigación policial liderada polo comisario Varela estreita cada vez máis o cerco sobre as actividades delituosas do cabeza de familia dos Pardo Veiga. Isto pode implicar a detención de Carlos, pero tamén a de Nino, e Mónica fará o imposible para defender o que agora é o seu mozo.

Que é o que aconteceu con César Pardo non será a única incógnita que se desvele neste episodio. Cada vez máis distanciada de Daniel e de Claudia na axencia de publicidade, Iria sofre uns fortes mareos que están a piques de facerlle perder o sentido. Se cadra a súa saúde está en xogo e ninguén se decata. Coñecer o motivo deses esvaecementos mudará para sempre a relación entre os tres publicistas.

Mentres, Sara, Rita e Marisiña póñense mans á obra para amosar os seus dotes organizativos e competir por un ascenso a ama de chaves. Elas non contan coa chegada dun novo empregado.

Atopar capítulo por: