Libro de familia
Capítulo 31: Mulleres en pantalóns
Adela causa unha gran sensación en Santalla onde por primeira vez ven unha muller en pantalóns. Marisiña empéñase en usalos, a pesar da oposición de Elías. Tamén Lupe, Sara e Deli decídense, o que lles causa algún ca outro problema con seus respectivos homes.
A Laura diagnostícanlle tuberculose, por inxerir leite contaminado dunha vaca que cubrira o semental enfermo propiedade de Román que ademais está a espallar unha auténtica epidemia na vila. Manuel trata de convencer ós labregos de que utilicen a inseminación artificial para súas vacas; isto pode acabar co negocio de Román.
Román aproveita a enfermidade de Laura para alonxarse dela e ter máis tempo para Lupe, pero ésta apártase del porque lle nega os cartos en efectivo para montala mercería. Lupe proponlle a Adela Freire sela súa socia, Román monta en cólera e reacciona vendendo unha leira, propiedade da súa dona, para darlle os cartos a súa amante. Laura leva unha gran sorpresa cando, asualmente, entérase por Elvira da venda.