Libro de familia
Capítulo 300: Historia dunha bicicleta
María recibe unha carta onde Óscar lle solicita o seu traslado. Con todo, ocúltallo ao profesor porque aínda non sabe como reaccionar ante esta nova. Tras varias confusións, Óscar acaba por confesarlle á directora cales son os verdadeiros sentimentos cara a ela. María séntese confusa e non sabe como tomalo.
Por outro lado, Álvaro segue na procura de Daniel, xa que parece que o axente estea desaparecido. Mentres, na pensión, Balseiro continúa gravemente ferido. Pola súa parte, Elvira e Carmiña pícanse entre elas por ver quen monta mellor en bicicleta.
Noutra das tramas de hoxe, Telmo queda finalmente na vila, o que pon moi contenta a Laura, tanto que a propia María lle di á súa sogra que se nota que entre eles hai algo máis ca amizade. Ademais, Freire segue a atoparse mal de saúde, o que comeza a preocupar a Deli, aínda que o indiano intenta ser discreto para non preocupala máis.