Pazo de Familia
Capítulo 30
Tanto César coma Leonor queren desfacerse o un do outro, pero ningún dos dous sabe que están contratando o mesmo sicario. Carlos xoga sempre a dúas bandas, pero, no negocio da morte, a decisión que tome será a definitiva.
Definitiva parece tamén a vontade de Sara de marchar a Santalla como muller de Baltasar. Que Emilio logre convencela para que quede con el pasa porque acepte o que sente en realidade: que a cociñeira do pazo é moito máis ca unha amiga para el.
Pola súa parte, Daniel vese no dilema de se facer públicos uns documentos que incriminan a César na trama de extorsión relacionada co casino. Se cadra é o momento de confiar de novo en Claudia para consentir que o asunto non salpique a Emilio nin a Nino, agora que o chofer está feliz con Mónica e non sospeita da terrible vinganza de Rita.