Libro de familia
Capítulo 3: Santalla non é Caracas
Freire, ás costas de don Román, planea montar unha explotación mineira en Santalla e ofrécelle a Manuel ser o encargado. Tamén lle da a idea de poñer unha fonda para os obreiros que veñan a traballar á mina. Pero don Ramón sospeita que están tramando algo.
A chegada a Santalla de Adela, a filla de Freire, causa un grande escándalo na vila. A pesar dos desaires dalgúns veciños, que non aproban os seus costumes.
Adela decide quedar, en parte polo seu pai e en parte porque Telmo está empezando a gustarlle.
Marcos, co propósito de aproveitarse de María, finxe que quere facer as paces e ser amigo dela e consegue deste xeito achegarse á rapaza.
Pablo, que se está preparando para facer a confirmación, teme que o seu avó vaia ó inferno e trata de convencelo por tódolos medios de que vaia a misa.