CRTVG

Buscar

Miguel ten coartada e é descartado como sospeitoso, pero paga as consecuencias cando os feitos saen á luz. Rosa, Alberte e Mauro investigan outros posibles culpables. Precisan atopar os clientes que Marta chantaxeaba despois de gravar os seus encontros sexuais e para iso deben dar coas gravacións que empregaba a rapaza para extorsionalos, que aparecerán no lugar máis insospeitado.

Mentres, chega un informe que identifica o corpo que atoparon tras a confesión de Muñiz. É unha inmigrante romanesa que posiblemente traballaba no club. Rosa vai ao prostíbulo para falar con Vidal, o dono, e intentar pescudar que lle puido pasar á moza. Ante a inutilidade desta visita, volve disfrazada de clienta para falar con Pamela, a quen lle confirma a identidade da rapaza que atoparon morta.

Atopar capítulo por: