Conexións
Capítulo 3: Cociña, ciencia e viño
"Conexións", a revista divulgativa que atende ás novas tecnoloxías e a súa implantación nos sectores máis puxantes, entrevistará hoxe a Carmen Martínez, investigadora do CSIC na área de viños, relacionaranse os eidos da comida, da ciencia e do viño, partindo do dato de que, de media, cada galego bebe 22 litros de viño ao ano, tres por riba da media española. Outra das cuestións que se analizarán é a posibilidade de atopar alimentos cen por cento naturais; as primeiras potas express e a súa seguridade, así como as relacións entre a gastronomía e a internet, este tema dentro da sección "O post de wicho".
Noutras seccións do programa participarán xornalistas ou especialistas tecnolóxicos e científicos. A través de reportaxes, monólogos, entrevistas, curiosidades científicas, novidades tecnolóxicas e outros recursos achegaranlle ao espectador a tecnoloxía e a innovación máis puxante en Galicia.