CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 3

17/05/2015 22:00 h

Cinzas

Continúa a vida no Hospital Real despois do incendio que sen querer causou Clara. Tamén continúa o control absoluto do seu funcionamento e do seu persoal por parte da irmá Úrsula. Á monxa non se lle escapa nada e non vai consentir que ninguén a ameace, o seu poder e ambición van máis aló dos muros do hospital. 

Leopoldo segue coa teima de desfacerse de Irene e de que non sexa ela quen abasteza o hospital, polo que non dubida en utilizar as peores armas dun home. Pero co que non conta Leopoldo é que Irene ten unha aliada.

Olalla, continúa a súa formación no hospital á vez que os seus sentimentos polo seu namorado van mudando, non por vontade propia, senón polas circunstancias de Clara, a prometida de Daniel. Doutro lado, Olalla ten un achegamento con Cristóbal, o boticario. A rapaza está preocupada por el, pero Rosalía ve algo distinto neste interese repentino de Olalla polo seu namorado. 

Rebeca arrepíntese do que lle fixo ao seu capitán, polo que decide fuxir con el. Pero, unha vez máis, Elvira exerce o control sobre a súa filla e non permitirá que sexa feliz. 

Atopar capítulo por: