CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 3

15/12/2014 22:15 h

Cesar enfróntase á difícil decisión de se dicirlle ou non toda a verdade e recoñecer que o home que ten de chofer é fillo seu. Emilio desconfía das sospeitosas doazóns feitas desde a empresa familiar ao sanatorio onde está Sabela, a nai de Nino, e emprega todo o seu instinto xornalístico para intentar destapar aquilo que seu pai agocha desde hai tantos anos.

Aínda que sexa difícil traballar con Daniel debido á tensión sexual que segue habendo entre eles dous, Claudia atopa cada vez máis evidencias de que os dous irmáns cuxa morte están a investigar foron asasinados.

Sara ve con preocupación que Lolo atope unha figura paterna en Emilio, co que teñen unha relación cada vez máis afectuosa. Teme que o pequeno non se decate de que pertencen a unha clase social diferente e que logo remate por sufrir, tal e como lle aconteceu a Nino, que se criara cos Pardo Veiga. Ademais, para ela son datas difíciles porque se achega o cabodano de Manuel e teme non poder pedirlle o día libre a dona Leonor para lembrar o seu defunto. A nota daráa Marisiña que, acompañada da harmónica de Cosme, prepárase para cantar nun concurso de talentos.

Atopar capítulo por: