CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 299: Aparecidos

23/12/2012 22:30 h

Todos en Santalla están abraiados coa nova de que Ramón segue vivo, ninguén o pode crer. Carmiña ten a súa propia teoría ao respecto: Balseiro está morto e o que están a ver é o seu espírito. A criada ten pesadelos con aparicións do máis aló. Elvira parece ser a única que a cre, tanto que lle pide que a poña en contacto cos seus finados. Xunto a Pepe, Cosme e Sara crearán unha divertida situación entre mortos e vivos que dará moito que falar.

    Mentres tanto, María segue convencida de que non está embarazada e así llo di á súa sogra. Con todo, a cabeza de Laura ten agora outras preocupacións, xa que Telmo debe regresar a París coa súa familia. Pola súa parte, Óscar segue amolado vendo que María e Marcos fan a súa vida de acabados de casar. Isto, xunto ao enfado que ten con Lupe, faralle pensar en deixar a escola.

    Por outra banda, a Garda Civil ten preso o matón que intentou facer mal na granxa, aínda que Daniel escapou. Por máis que o ameazan, o matón négase a falar e non quere dicir onde está agochado Balseiro. Pero a investigación sobre o paradoiro de Ramón dará un xiro inesperado co que ninguén contaba.

Atopar capítulo por: