CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 297: Unha proba de afecto

09/12/2012 22:30 h

Este episodio de “Libro de Familia” comeza cos homes da granxa abatidos tras a marcha de Daniel con todos os cartos. Non poden entender como foron enganados desa maneira e non o viron antes. Ante esta situación, Marcos propón entrar no negocio, idea que os homes ven con moi bos ollos. Aínda así, non todo serán boas novas na granxa, xa que as intencións de Balseiro seguen a ser escuras cara aos habitantes de Santalla. Mentres, Lupe atópase amolada e moi atordada con todo o acontecido. Séntese culpable, desesperada e pola súa cabeza pasan as terribles ideas dunha muller atormentada.

    Por outro lado, Telmo e Laura pasan cada vez máis tempo xuntos. O boticario prepáralle unha sorpresa á viúva e, entre risas e xogos, a paixón xurdirá entre eles. María, pola súa parte, aínda que parece estar namorada e contenta coa volta do seu esposo, non pode evitar sentir celos ao ver que Pili e Óscar están cada vez máis unidos.

    Mentres tanto, Pepe quérelle facer unha confesión a Carmiña. Ela está segura de que por fin lle vai declarar o seu amor, polo que, nerviosa e chea de ledicia, prepara a súa resposta. Sara e Deli axúdana con consellos para “atrapar” a Pepe, pero a situación tomará un camiño inesperado por todos.

Atopar capítulo por: