Libro de familia
Capítulo 295: Regalos de Suíza
Despois da malleira que Álvaro lle propina a Daniel, Lupe desconfía de que este traballe ás ordes de Balseiro. A sombra de Ramón segue a percorrer Santalla, aínda que todos o dean por morto. Por outro lado, Telmo volve a Santalla e parece renacer o sentimento entre el e Laura. O boticario está pensando en quedar a vivir en Vilariz e Laura atópase nunha encrucillada entre o que sente e a realidade de que Telmo ten xa unha familia formada.
Marcos e María volven de Suíza con agasallos para todos, o que traerá consigo máis dunha risa e algún que outro desgusto. Pola súa parte, Óscar continúa nun mal momento, xa que segue sen poder traballar na escola e ver a María tan feliz con Marcos non o axuda a saír do enfado e a impotencia que sente.
Na granxa, Lupe pon sobre aviso os socios do perigo que corren, mentres Manuel parece facer bo caldo en temas de negocios co seu xenro Marcos e non descartan a viabilidade de levar eles a granxa nun futuro.
O comportamento de Lolo tamén será protagonista neste capítulo de “Libro de Familia”, xa que as trasnadas do pequeno traen de cabeza os Cabanas. Mentres tanto, Elvira, Carmiña e don Venancio seguen a facer das súas, esta vez cun par de bonecas de por medio.