Ben falado
Capítulo 295 de Ben Falado: IES Monte Carrasco. Cangas
06/08/2010
As baleas barbadas non teñen dentes, senón unha especie de enormes pentes que fan de filtro. Esas barbas son de queratina que é unha sustancia dura pero elástica por iso antes de que se inventase o metal laminado ou o plástico das barbas das baleas facíanse as variñas dos paraugas ás que aínda lles chamamos por iso baleas. A cría das baleas chámase baleato así que de aí vén o apelido galego Baleato, un apelido que está moi centrado en Santiago e na comarca.