CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 29: A matanza

25/09/2005 22:00 h

Os Cabana van celebrala matanza e un dos porcos o criara Marisiña coma un fillo, polo que a xove non pode co disgusto, por riba o matachín será Elías. Con motivo do festexo, María chega de Santiago e trae con ela a Pili, a súa "refinada e moderna" compañeira de habitación.

Laura atópase cada vez peor e Román, seu home, trátaa con gran desprezo; Román está moi alterado porque Lupe, súa amante, non da sinais de vida. Pero Román vai levar unha sorpresa, Lupe preséntase en Santalla.

Mercedes, a nai de Sara, está na casa co motivo da matanza e a rivalidade con seu consogro, acaba por espertar os seus sentimentos cara él. Os nenos escoitan chorar a Marisiña, e convertidos en superheroes, deciden agochar o animal.

Lupe, como viúva dun destacado militar que fixera favores na vila, vai visitar a Laura, que non sospeita que é a amante do seu marido.

Atopar capítulo por: