Fontealba
Capítulo 29
03/11/2016 16:00 h
Amalia pídelle explicacións a Luís por tela enganado desde o principio coa compra do equipo de fútbol da cidade. Nina e Carlos queren esquecer dunha vez a relación que tiveron anos atrás, pero nin un nin outro o conseguen. Roberto, o home de Aurora, non sabe como xestionar o posible embarazo da súa amante Marisa e ve que cada vez se lle complican máis as cousas.