CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 289: Bolboretas no estómago

06/05/2012 22:30 h

Carmiña de “Libro de Familia” queda algo trastornada e afectada ao sentir algo así como “bolboretas no estómago”, despois de ver unha película de amor que ela tamén querería vivir, así que se vai propoñer como máximo obxectivo conquistar a quen ten máis a man, Pepe, unha tarefa que non vai tardar en dar resultados habida conta do primeiro bico que lle propina e que volve tolo a Pepe. Sabendo que Pepe non quere namorarse de Carmiña porque é unha muller sen clase nin estilo, Don Venancio fará de celestina intentando axudala para convertela nunha dama refinada. O malo é que outros compoñentes da familia lle van preparar unha sorpresa crendo que o namoramento é por Elías, o seu mozo.

   Amais deste enredo, persiste a tensión entre o profesor Óscar e Laura, a directora da escola en ausencia de María, e Lupe métese por medio para saber quen foi a persoa que lle foi co conto da relación especial entre María e Óscar. Namentres, Lupe está moi afogada coas insistentes chamadas de Ramón e intenta cambiar de número de teléfono contándolle a Óscar que son chamadas de alguén que se fai pasar por seu pai.

Atopar capítulo por: