Ben falado
Capítulo 286 de Ben Falado: Paulina Ceremuzynska
26/07/2010
Non sorprende que Paulina Ceremuzynska, sendo de Varsovia, saiba tanta música medieval e cante con tanta delicadeza. O que sorprende dela é que fale tan ben o galego, que o aprendese na súa universidade de Varsovia e que tivese tanta paixón pola nosa poesía e pola nosa música medieval. Hai 700 anos tódolos mozos da Península Ibérica cantaban as cancións de amor e desamor en lingua galega.