Ben falado
Capítulo 284 de Ben Falado: CI- inicial
22/07/2010
Do latín “clamare” temos en galego “chamar” e do latín “clavem” temos “chave”. Por iso dicimos por exemplo que abril e maio son as chaves do ano pero en cambio dicimos que a motivación é a clave no estudo. Cando dunha palabra latina temos dúas palabras galegas a máis parecida ó latín é un cultismo e a que menos se parece é unha palabra patrimonial.