Libro de familia
Capítulo 280: Vinganza con plumas
Na casa dos Balseiro non gañan para sobresaltos. Un ladrón entra a roubar na caixa forte onde tiñan gardados os cartos que lles deixara Ramón. Pola mañá Óscar queda abraiado e confuso co acontecido. Lupe quizáis non tanto...
María anda moi cansa de tanto ir e vir de Santalla a Vilariz. Todos intentan facer cábalas do por que da súa decisión. Ela confésalle a Óscar as verdeiras razóns, o que deixa a Óscar descolocado. Pili mostra un gran interese por Óscar e pregúntalle cousas sobre el a María. Esta queda molesta e tristeira polo interese.
Santalla segue en pé de guerra, polos vertidos, as liortas entre veciños e os da granxa son constantes. Pero as cousas empeoran cando os veciños atacan a granxa e deixan mancados a Cosme e aSara. Manuel está moi doído polo ataque a súa familia.
Mentres, Carmiña e Pepe seguen buscando a forma de vingar a morte do porquiño. Ollo por ollo...
Entre as disputas e as leas, Manuel escoita unha conversa de Daniel por teléfono que o deixa totalmente abraiado.