CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 28: A monta

18/09/2005 22:00 h

Cando mellor ía o negocio do almacén, Román fai das súas subíndolles os impostos.

Laura está máis que segura de que seu home ten unha amante. Pero Román sabe darlle a volta a situación e levarlle a Marcos xustificando así a viaxe á Coruña.

Regresa Rosa Mari e xunto con Pabliño poñen en apuros a máis dun adulto cando lles preguntan de onde veñen os nenos. Don Venancio escandalízase cando os rapaces lle contan que dona Laura lle dixera que o home procede do mono.

Don Román é propietario dun extraordinario semental, pero contra o que era costume, cóbralles os labregos por cubrir as vacas. Senén informa a Don Román, que o seu semental ten graves problemas, e éste non impide que o vello Cabanas leve a unha das súas vacas a ser fecundada polo animal.

Pancho está moi desgustado porque María non contesta a súas cartas, Marcos ten unha brillante idea: enviaranlle á tuna.

Atopar capítulo por: