Fontealba
Capítulo 28
02/11/2016 16:00 h
Elsa conseguiu axuda médica para Vera: un enfermeiro visítaa na súa casa para poñerlle as inxeccións. Nina fíxolle unha visita a Gonzalo nos viveiros, xa que quere que el e Asun teñan mellor relación. Carlos dille a Elsa que ten unha sorpresa para ela, polo que esta espera impaciente que lle pida matrimonio. Roberto está moi nervioso polo embarazo de Marisa, xa que sabe que o máis seguro é que el sexa o pai.