CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 28

19/10/2015 22:00 h

Con tal de non ir ao cárcere de México, Sofía está disposta a confesar que ela e o seu home son responsables da morte do axente Bascuas, aínda que iso tamén arrastre a Emilio á cadea.

Pola súa parte, Nino parece capaz do mellor e do peor. Como esbirro ás ordes de César, consúmese cada vez máis polo seu lado máis violento e escuro. Unha nova malleira a un socio traidor ameaza con converterse en asasinato.

Mentres tanto, Rita estuda inglés para un exame de acceso a un traballo nun hotel de Madrid. Marisiña non quere ser menos e, aconsellada por Lolo e Tomaso, é quen de converter a proba nunha auténtica desfeiting.

Atopar capítulo por: