Libro de familia
Capítulo 277: Aire puro
Na casa dos Balseiro todos son sorpresas e desavinzas. Lupe e Óscar discrepan sobre que facer cos cartos, se quedar con eles ou devolverlle a Freire o que Ramón lle estafou. Nun descoido Álvaro descobre a carta de Ramón e queda con ela. Con ela no seu poder convertirase noutro crebacabezas para Lupe e Óscar que intentarán non caer nas súas chantaxes.
María por fin recibe a chamada de Marcos informándolle da inminente operación. María queda entre preocupada e feliz. Esta situación complica aínda máis a tensa situación que vive con Óscar. Manuel e Tomás seguen adiante coa granxa buscando eles mesmos os proveedores, lonxe do control de Daniel. Este segue coa idea de facer pasar os porcos polo matadoiro primeiro.
Elvira segue intentando enguedellar a Pepe, e "secuestrao" para unha comida campestre. Don Venancio enterado da manobra de Elvira sae na súa busca, pero a quenes atopa e a Cosme e a Carmiña facendo o descanso para xantar. Elvira e Pepe gozan moito da comida e máis do viño, tanto é asi que Elvira case descubre o "segredo" de Pepe. Envexosa á volta da comida, Carmiña chega a casa de Pepe cunha botella de licor a invítao a merendar.