Libro de familia
Capítulo 27: Semente nova
Román deixa bigote e preocúpase en exceso do seu aspecto o que incrementa as sospeitas de Laura, que pensa que volve ás andadas.
María xa está en Santiago, súa compañeira de habitación tenta facer dela unha rapaza moderna aprendéndolle a fumar e tratar cos rapaces.
Marisiña participa nun concurso de Avecrem na radio.
Xa funciona o almacén, Manuel tenta convencer ós labregos do uso dos pesticidas para evitar as pragas. A quen non consegue convencer é a seu propio pai, quen teima por usar os métodos tradicionais.
Telmo confesa a Laura, que inventara o da noiva e que non conseguira esquecerse dela. Laura descubre que Román leva unha dobre vida e llo conta a Telmo.
Román pide a Telmo, que lle faga compaña a Laura, mentres él acode a unha cita coa súa amante. Deli reanuda a súa relación con Armando Freire.