Fontealba
Capítulo 27
01/11/2016 15:45 h
Aurora non dá crédito á noticia do embarazo de Marisa. Por unha banda, alégrase e, por outra, sente envexa da súa amiga. O ruxerruxe de que Luís está a facer cambios no testamento revoluciona todos os fillos, que descoñecen o porqué dos cambios. Elsa está tenteando a Carlos co tema do anel para sacarlle algo de información. Gonzalo sente a presión de Asun, que trata de levarse ben con el no traballo, mentres a súa irmá Vera empeora da súa enfermidade e non dispoñen de medios para tratala.