Pazo de Familia
Capítulo 27
12/10/2015 22:00 h
Sofía pagará as súas mentiras non só coa acusación policial que está a piques de provocar a súa extradición a México, senón tamén coa perda total da confianza de Emilio. Co seu matrimonio destruído, semella que para o primoxénito de César e Leonor que só lle queda centrarse no seu traballo como publicista, así que se involucra nunha nova campaña que por fin pon a Claudia e a Daniel de acordo, aínda que sexa para ir os dous na súa contra.