CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 268: Sorpresas e homenaxes

11/12/2011 22:00 h

Ramón Balseiro converteuse xa no novo alcalde de Santalla, causando máis dun conflito no invernadoiro. O novo rexedor ten claro que co novo negocio dos pisos o invernadoiro non ten xa cabida no pobo, o que crea un enorme balbordo.

Manuel e Deli deciden non volver verse e ata non falar para non danar os seus respectivos matrimonios. Cosme está moi preocupado polo dano que ésto poida ocasionar no matrimonio entre o seu fillo e Sara.

Doutra banda, as cousas non van ben entre o novo matrimonio, e a noticia de que Laura vaia vivir con eles parece non pór moi contenta a María xa que verá coartada a súa liberdade.

Todos falan da marcha de Laura a Vilariz e deciden facerlle unha homenaxe como despedida. O pobo envorcarase coa mestra para facerlle un agasallo cheo de sentimento e agarimo.

Atopar capítulo por: