CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 266: O prezo do perdón

27/11/2011 22:00 h

Dona Laura baralla seriamente vender a súa casa de Santalla e irse a vivir a Vilariz. Balseiro móstrase interesado en comprar os terreos. Aínda que son moitos os veciños que aconsellarán á mestra non vender, ela está case decidida e reunirase con Ramón para negociar o asunto.

A tensión entre Manuel e Freire segue estando a flor de pel, tanto que se empeza a extrapolar ao seu traballo no invernadoiro causando máis dunha desconcertante situación ante os traballadores. Mentres tanto, Sara asiste perplexa ao achegamento entre o seu marido e a súa irmá. Dona Elvira tivo unha nova idea para recadar cartos na Igrexa e usalo no seu beneficio, o que provocará unha divertida situación na que don Venancio tentará dar un escarmento á beata. Por outro lado, Santalla prepárase para coñecer ao que será o seu novo alcalde.

Atopar capítulo por: