Libro de familia
Capítulo 265: Resaca
Tras a voda de María e Marcos os homes espertan no bar cunha tremenda resaca. Semella que o alcol foi o seu gran compañeiro na festa.
As mulleres, enfadadas coa súa actitude, deciden pór aos homes a realizar as tarefas do fogar e darlles así un escarmento, o que desencadeará unha divertida situación entre ambos os bandos.
Laura decidiu que o agasallo de vodas para o seu fillo e a súa recente nora será un piso en Vilariz, pero non só iso, senón que a súa intención é a de mudarse a vivir co matrimonio para axudar así a Marcos no seu día a día. Óscar é o único que non puido alegrarse tras o enlace. O seu amor pola directora tenlle completamente decaído tras ter dado esta por fín o "sí quero".
Por outro lado, a relación entre Freire e Manuel segue sendo absolutamente tensa debido aos sentimentos que este último pode estar experimentando por Deli.