Libro de familia
Capítulo 264: Castos e puros
Hoxe, Santalla amence exultante ante os preparativos desta voda, que decidiron celebrar o enlace o antes posible, en quince días. A forma rápida en que se desencadearon os acontecementos fan saltar os rumores sobre un suposto embarazo da moza, alentados por dona Elvira, Elías e Carmiña, que intentarán investigar se María está ou non encinta realizando a proba da ra, sen saber que esta idea lles pode traer máis dun desgusto.
No invernadoiro, os traballadores comezan a poñerse do lado de Manuel para apoialo nas súas futuras propostas, namentres Tomás estará máis preocupado por ultimar os preparativos da despedida de solteiro de Marcos, que vai recibir unha sorpresa de última hora, unhas comprometidas fotos de María e Óscar, que o levarán a dubidar ata o último momento se debe casar.