CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 263: Pillabana

30/10/2011 22:00 h

 As cousas continúan máis tensas ca nunca en Santalla. Mentres Ramón Balseiro e Freire continúan cos seus negocios inmobiliarios, Manuel segue empeñado en facer funcionar o invernadoiro por riba de todo.

Tanto Tomás como Laura intentarán presionar a Manuel para que ceda, o que provocará un enfrontamento entre ambas as partes, facendo que Manuel se sinta só ante os seus socios.

Doutro lado, o achegamento entre Manuel e Deli segue sendo cada vez máis evidente, o que fai a Sara reaccionar. Será Cosme quen intente pór e cordura ante esta situación.

Mentres tanto, Marcos decide ir a Vilariz a ver a María, cuxa relación con Lupe segue sendo tirante, moi a pesar dos desexos de Óscar por achegalas.

Atopar capítulo por: