Libro de familia
Capítulo 262: A criada do cura
Dona Elvira segue intentando encaixar nalgún traballo que lle proporcione a estabilidade económica que precisa. Desta vez será don Venancio quen lle ofreza ser a súa ama de chaves.
A relación entre Marcos e María atópase nun dos seus peores momentos. Tras as chamadas anónimas que recibe Marcos contándolle que a súa noiva e Óscar son algo máis que amigos, a moza reprocha a Marcos a súa falta de confianza nela. Freire, tras superar o susto que a súa saúde lle deu, intentará convencer aos seus exsocios para que entren no negocio dos pisos con Balseiro.
Manuel, completamente indignado, disponse a seguir adiante co invernadoiro. Tomás e Laura intentarán convencerlle de que espere a que a situación se calme antes de tomar unha decisión precipitada.