CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 261: Morada Santa

16/10/2011 22:00 h

Elvira e Milucho intentan buscar unha solución tras o revés económico que están a pasar. Mentres Milucho atopa unha pensión onde pasar a noite, Elvira segue na rúa. A pesar da testarudez desta, don Venancio e os demais veciños empeñaranse en axudala. Elvira trata de buscar traballo na casa de Laura, finalmente Sara ofrécelle un labor no invernadoiro.

Mentres tanto, os celos apodéranse de Carmiña, que ve como Elías se arranxa moito últimamente. Teme perdelo porque estea namorado doutra muller máis fina que ela.

Tras coñecer o pasado de Lupe, Óscar abandona a casa do seu pai. Lupe intentará por todos os medios que a perdoen por todo o mal que fixo, pero esquecer non é fácil e María non está disposta.

Doutra banda, Freire quere regresar ao invernadoiro o que provocará unha acalorada discusión con Manuel.

 

Atopar capítulo por: