CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 26: Santalla non terá mina

04/09/2005 22:00 h

Marcos marcha á mili, a marcha de María a Santiago é inminente e Ramiro pensa en ir cos Satélites.

Elías como consecuencia do accidente rompera unhas costelas e aproveita a ocasión para finxir amnesia e así que Marisiña se desfaga en atencións cara él. Telmo regresa para sorpresa de todos, sobre todo de Adela e Laura. Tomás despois de reconciliarse con Adela, que xa o acepta, anuncia a súa marcha e con él o proxecto de mina, xa que os alemáns sen él renuncian a levalo a cabo.

Román ten unha amante na capital, unha viúva á que vai visitar regularmente. Laura comeza a sospeitar.

Ante a perspectiva de anularse o negocio da mina, Cabanas idea traballar en Biona e transportar o penso ós labregos. Freire, que considera ten unha débeda con él, adiántaselle para contratalo de encargado do almacén e darlle unha participación nos beneficios.

Atopar capítulo por: