Land Róber
Capítulo 26: Presentadores da Galega
Para esta noite de humor e entretemento o programa que presenta Roberto Vilar, "Land Róber", contará coa presenza dos presentadores da Televisión de Galicia Carlos Fernández Amado e Xesús Peleteiro, ambos os dous deixarán por un día o traxe, a gravata e o estudio de informativos para pasar un momento divertido co público de "Land Róber". Amais someteranse ás preguntas do presentador e participarán en divertidos sketchs cos actores e humoristas que habitualmente colaboran co programa.
Outros convidados serán os campións de trial Toni Bou e Laia Sanz que compartirán un momento con Ricardo, o home que sempre é atropelado, e farán unha pequena exhibición coas súas motos. Ademais o programa tamén descubriu un toureiro de orixe galega, Galleguito, con quen debaterán sobre se aos galegos nos gustan ou non nos gustan os touros, aínda que sexa con patacas.
O concurso de "A súa media castaña", a estrea de Ricardo como comentarista do corazón e as obras que se realizarán esta noite no piso de "Land Róber", serán outros contidos que entreterán os espectadores da Galega.