Serramoura
Capítulo 26: Foraxidos (1ª parte)
11/10/2015 22:15 h
Unha perigosa banda de asaltantes de casas que non tardan en dar coa máis rechamante de Serramoura: a de Evaristo Fiúza. No seu asalto, os violentos delincuentes farán de Evaristo, Román e Gloria os seus reféns.
A Garda Civil non tarda moito en descubrir a situación. É un caso moi complicado para os homes de Tomás Penedo, non só polo perigo dos delincuentes aos que se enfrontan, senón porque se trata das vidas dalgúns dos veciños máis coñecidos da vila.