Fontealba
Capítulo 26
31/10/2016 16:00 h
Marisa ten medo de que Perfecta non garde silencio sobre a súa aventura con Roberto e terá que facer algo para asegurarse. Nina segue intentando esquecer a Carlos, aínda que semella que pasar páxina vai custarlle máis do que ela pensaba. A compra do Rácing está dando máis contratempos: Luís está preocupado polo tema económico e xa tivo que pedir varios préstamos; Amalia nota que non conta con apoios nin na prensa nin na familia, polo que pensa en facer algo para gañar o apoio dos afeccionados.