CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 26

05/10/2015 22:00 h

Nino saca o seu lado máis escuro e violento distanciándose dos Cabanas e de Rita, sumida nunha atracción por Pablo que semella ser mutua, igual que a que rexorde entre Emilio e Iria tras moitos anos de traballo compartido. A que agora é secretaria da axencia de publicidade convértese en peza clave nunha importante campaña de moda e se cadra tamén no corazón de Emilio.

Mentres, a fiscalía mexicana ofrécelle a Sofía unha condena reducida se se declara culpable do asasinato do seu ex-marido. A muller, que insiste na súa inocencia, terá que lidar cunha visita inesperada que a persegue desde a outra beira do océano.

Pola súa parte, Marisiña intenta convencer a Sara de que a axude a facerse pasar pola dona do pazo durante a visita da súa madriña. Terá que ver que tal lle sentan a Tomaso os traxes de seda de don César, se é que Leonor non descobre antes que lle queren usurpar o título de señora.

Atopar capítulo por: