CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 25: Probas de amor

14/08/2005 22:00 h

Manuel, Ramiro e Pancho por fín van a sair do cárcere, pero antes María e Marisiña poñen a proba ós seus mozos enviándolles unhas cartas para citarse coma se fosen admiradoras deles. Ó final quedan bastante chafadas cando Elías e Pancho, acodan ás respectivas citas.

Ramiro suspira por volver a cantar nunha orquestra. Convénceno para que faga unha proba cos Satélites e o éxito é rotundo, o bar cheo de compañeiros rompe en aplausos para o taberneiro.

Despois de saber que Tomás era seu irmán, Adela dalle a seu pai a elixir entre un dos dous. Un Freire que por fín reacciona, negocia novamente co fillo e acólleo na casa, recupera o control da mina e intenta arranxar as cousas con Deli. Pero Deli xa non ten moi claro o que quere e, para máis, Adela decide regresar a Caracas ó saber que Tomás está na casa.

Na viaxe a Vigo, Elías convéncea para regresar a Santalla, pero no camiño teñen un accidente con Tomás, que saíra apresurado na procura deles para falar con Adela.

Atopar capítulo por: